Xohán Xabier Baldomir

Xohán Xabier Baldomir Cabanas naceu en Culleredo no ano 1983 e, nese mesmo concello, exerce como profesor de ensino secundario.

Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña desde o ano 2010, a maioría das súas publicacións foron ensaios relacionados coa historia e coa literatura galega, nas cales se dedicou principalmente a abordar temas pouco estudados ou esquecidos (os Séculos Escuros, a obra do humorista galego O Xestal, o xénero do entremés en galego,...).

Tamén publicou un “Breve dicionario galego de termos teatrais” no 2010 e, no 2013, un libro de poemas titulado “Breve poemario de Don Anónimo”. No ámbito da narrativa, no 2022 deu á luz xunto coa súa irmá, María Carmen Baldomir, o título “Casas enfeitizadas e outros fenómenos estraños”.

Anterior
Anterior

Isma Muñoz

Siguiente
Siguiente

Rubén Ruiz Navarro